



Situado no centro de San Lorenzo del Escorial, ofrecemos aos nosos clientes a experiencia de gozar dos produtos artesanais e autóctonos da Sierra de Guadarrama e arredores.
Propoñemos un menú dinámico suxeito á dispoñibilidade dos produtos, tan cambiante e (im)predictible como poden ser as condicións climatolóxicas e a temporada. É por isto que non temos unha carta nin podemos saber con antelación que descubrirás ao chegar ao restaurante.
A escasos 500 m. do Real Mosteiro de San Lorenzo atópase o local, retirado da zona de tránsito máis turística, onde tratamos de crear un ambiente sinxelo e acollerdor co único propósito de non crear distracciones e que poidas gozar dun momento de diversión gastronómica.
Nunha busca constante de novos elementos que engadir ás nosas elaboracións e inspirados polos aromas e sabores que encontramos paseando polos montes da serra, a nosa cociña é a suma das diferentes sensacións que nos transmite a nosa terra.
En Montia apostamos por unha selección de viños naturais, biodinámicos e ecolóxicos dun perfil pouco convencional coa que acompañar os nosos pratos. Viños que rompen moldes e interactúan cos pratos.
Por iso pensamos sempre que a mellor opción para vivir ao máximo a experiencia sería o maridaxe de viños. Entendemos o viño como unha extensión do prato buscando a armonía ou a veces o contraste.
Traballamos tamén cunha variedade de cervezas e licores caseiros seguindo os mesmos principios que aplicamos a todo o que facemos: naturalidade e respecto das materias primas ao longo da produción.